O HTC One (E8) opta polo policarbonato para reducir o seu prezo
martes, 3 de xuño do 2014
A renovación do
HTC One empregou como identificador unha referencia entre parénteses (M8)
que o diferenciaba do modelo de 2013, e este terminal de acabado de alta
calidade está a conseguir destacar como un dos terminais de referencia no
mercado na liña do éxito acadado polo seu predecesor, pero a súa fabricación premium pode ser un importante atranco
para a súa comercialización en numerosos mercados (dado o seu elevado prezo) de
aà que HTC sorpréndanos agora anunciando o HTC One (E8) (onde estará dispoñible por 2.799 iuans, que veñen a ser uns 329 euros),
que mantén a mesma estética, pero prescinde da súa carcasa metálica optando
polo policarbonato, o que reducirÃa
o seu prezo a practicamente a metade, permitindo a´si que poida resultar
competitivo en mercados coma o chinés. Os novos materiais facilitan que o
smartphone chegue ás tendas en cores máis vivos: branco, gris, escarlata e
azul.
O novo smartphone incorpora funcións como as do seu modelo anterior (como
aceptar xestos que permitan responder unha chamada con achegar o móbil á orella
ou activar a cámara a través dos botóns de volume, e gozar de potentes
altofalantes frontais) e algunha novidade (a súa cámara traseira é de 13
MpÃxeles en vez de apostar polos ultrapÃxeles do modelo premium, inclúe software para facilitar as auto-fotos coa cámara
frontal de 5 MpÃxeles e nalgúns mercados soportará dobre SIM).
- O HTC One (E8) chegará en 4 cores distintas