O HTC One max destaca pola súa grande pantalla e por integrar lector de pegadas
luns, 14 de outubro do 2013
HTC ten no seu HTC One o seu móbil insignia, que conta dende hai
tempo cunha versión mini, e que agora completa a súa familia cunha versión
de grande tamaño, que atrévese cunha pantalla de 5,9 polgadas que achegarÃa
moito o smartphone ao tamaño dun tablet, aÃnda que mantendo as atractivas liñas
de deseño do HTC One.
O HTC One max non
só destaca pola súa pantalla Full HD de 5,9 polgadas, senón que tamén vén cunha
configuración bastante potente: un procesador Qualcomm Snapdragon 600 de catro
núcleos a 1,7 GHz, 2 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno, a consabida
cámara ultrapÃxel de HTC (con flash intelixente e gravación de vÃdeo Full HD
con HDR) acompañada por unha boa cámara frontal de 2,1 MpÃxeles e gravación de
vÃdeo a 1.080p, Bluetooth 4.0, Wi-Fi AC e unha xenerosa baterÃa de 3.300 mAh. O
seu grande tamaño non se nota no seu grosor (que queda nuns moderados 10,29
milÃmetros) pero si no seu peso (217 gramos), polo que estamos ante un
smartphone dirixido a un público moi concreto.
Entre os elementos diferenciadores deste tabletófono
estarÃa o son HTC BoomSound (que con 2 altofalantes frontais consegue unha
reprodución sonora de grande calidade); a súa parte traseira incorpora un
lector de pegadas dixitais para facilitar o desbloqueo do terminal e o
lanzamento das aplicacións que desexemos con só deslizar un dedo; e co software
HTC BlinkFeed achéganse novas das redes sociais e outras fontes.
Este grande terminal iniciará a súa distribución internacional dende mediados
ou finais do presente mes, de xeito que chegará con tempo suficiente a
practicamente todo o mundo de cara á campaña de Nadal.
VÃdeo de presentación do HTC One max