O HTC One mini 2 chegará cun deseño atractivo e cámaras de 13 e 5 MpÃxeles
xoves, 15 de maio do 2014
HTC parece ter moi claro que apostar polos bos acabados foi
o que levou ao seu HTC One a ter unha boa aceptación, e tras a chegada da súa
revisión, o HTC One (M8), era de agardar que chegasen os seus irmáns, como o HTC One mini 2,
que poderÃa converterse nun dos teléfonos máis atractivos do mercado, adoptando
un tamaño bastante compacto grazas á súa pantalla de alta definición de 4,5
polgadas, e cun acabado metálico moi rechamante.
Atendendo ás tendencias do mercado, o novo smartphone coida o disparo de
auto-fotos cunha cámara frontal de 5 MpÃxeles; tamén integra o sistema HTC
BoomSound, uns altofalantes amplificados situados na parte frontal do móbil
conseguindo unha magnÃfica experiencia de uso durante a reprodución multimedia;
Android 4.4 coa capa de personalización HTC Sense 6; e HTC Zoe Highlights e a
aplicación para compartir contidos Zoe, que buscan axudar á creatividade. Curiosamente,
tras presumir en numerosas ocasións dos ultrapÃxeles dos HTC One, desta volta
parece que o smartphone contará cunha cámara traseira de 13 MpÃxeles (na liña
do que teñen a meirande parte dos smartphones de alta gama do mercado).
O HTC One mini 2 sairá á venda en xuño, e estará dispoñible en cores gris,
prata e ouro, cunha aparencia metálica que poderÃa ser a chave do seu éxito.
- O HTC One mini 2 venderase en 3 cores distintas