O HTC Rezound aposta pola calidade de audio e vÃdeo como factor diferenciador
venres, 4 de novembro do 2011
Nos EE.UU. presentouse o novo
terminal móbil HTC Rezound, un impresionante terminal que integra Beats
Audio para ofrecer unha excelente calidade sonora, o que xunto coa súa pantalla
de 4,3 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles convértese nun
auténtico monstro multimedia que chegará ao mercado norteamericano o vindeiro
dÃa 14, descoñecéndose polo momento se poderemos gozar do mesmo en Europa.
O HTC Rezound é o primeiro móbil de HTC cunha pantalla a 720p, o que facilita a
reprodución de contidos en alta definición como pelÃculas e series de
televisión, que mediante Mobile High Definition Link (MHL) poderÃan verse nun
televisor de alta definición, incluÃndo son envolvente 5.1 e SRS WOW para tirar
proveito de sistemas de cine en casa.
Este terminal funciona cun procesador de dobre núcleo Qualcomm MSM8660 a 1,5
GHz, sistema operativo Android 2.3 (con HTC Sense), 1 Gb de RAM, 16 Gb de
memoria interna (ampliada por unha tarxeta microSD de 16 Gb incluÃda), cámaras
de 8 e 2 MpÃxeles (coa posibilidade de gravar vÃdeo a 1.080p), Wi-Fi N, Bluetooth
3.0, GPS, HDMI (MHL), baterÃa de 1.620 mAh (capaz de cargarse sen fÃos) e unhas
medidas de 129 x 65,5 x 13,65 milÃmetros.
Como estamos ante un móbil con conectividade LTE (4G) é probable que non o
vexamos no noso territorio coa configuración e nome que ten nos EE.UU., pero
non serÃa de estrañar que chegase ao noso mercado en versión 3G con outro nome.
VÃdeo promocional do HTC Rezound