O HTC Sensation XL será a grande aposta de HTC pola calidade sonora

xoves, 6 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Hoxe presentouse oficialmente o impresionante móbil HTC Sensation XL, o primeiro en incorporar Beats by Dr. Dre (combinando uns intraauriculares de grande calidade incluídos co terminal e un procesador de audio que tira proveito dos mesmos), que aposta pola calidade sonora como distintivo, e que goza dunha enorme pantalla de 4,7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, mide 132,5 x 70,7 x 9,9 milímetros, pesa 162,5 gramos, ten cámara de 8 Mpíxeles con dobre flash LED e sensor retroiluminado e outra de 1,3 Mpíxeles, procesador MSM8255 a 1,5 GHz, batería de 1.600 mAh e 160 gramos de peso. Conta con HTC Sense 3.5 e 16 Gb de almacenamento interno, así como 5 Gb de espazo de balde en Dropbox.
O seu prezo libre en España será de 599 euros.

O HTC Sensation XL inclúe uns auriculares Beats by Dr. Dre

PUBLICIDADE