O HTC Sensation xunta potencia e pantalla de grande tamaño

martes, 12 de abril do 2011 Marcus Fernández

HTC estrea teléfono multimedia con procesador de dobre núcleo e pantalla de grande tamaño, o HTC Sensation, que presenta un corpo de aluminio fabricado nunha única peza, pantalla SuperLCD de 4,3 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles (moi próxima á popular pantalla retina do iPhone 4), procesador Quealcomm Snapdragon de dobre núcleo a unha velocidade de 1,2 GHz, cámara de 8 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 1.080p a 30 fps e con son estéreo e interface de usuario HTC Sense, que desta volta mellorou considerablemente o grafismo dos seus widgets e incluso engadiu a posibilidade de personalizar a súa pantalla de bloqueo.
O novo terminal incluirá o servizo HTC Watch, unha plataforma de vídeo baixo demanda que facilitará o acceso a cine e televisión en compra o aluguer. Máis polo miúdo temos que o HTC Sensation terá 768 Mb de RAM, 1 Gb de almacenamento interno, Bluetooth 3.0, GPS, compás dixital, xiroscopio, Wi-Fi N, batería de 1.520 mAh, unhas medidas de 126,1 x 65,4 x 11,3 milímetros e un peso de 148 gramos (con batería).


Vídeo promocional do HTC Sensation

PUBLICIDADE