O HTC TyTN II chegará a Europa en outubro
mércores, 29 de agosto do 2007
HTC anunciou o lanzamento do seu novo TyTN II no
mercado europeo, de xeito que no
mes de outubro Orange, Vodafone, T-Mobile e O2 terán nas súas mans a
distribución deste impresionante terminal de telefonía móbil que conta coas
últimas prestacións coma son conectividade HSDPA/UMTS/EDGE/GPRS/GSM, Wi-Fi e
Bluetooth 2.0, así coma GPS integrado.
O HTC TyTN II
funciona co sistema operativo Windows Mobile 6 Professional, de xeito que
permite o uso das versións móbiles de Outlook, Word, Excel e PowerPoint, ou
sexa, que é coma levar a oficina enriba, especialmente porque, aparte de ter
unha pantalla táctil inclinable e un programa para escanear tarxetas de visita, conta cun teclado QWERTY, polo que é
unha boa ferramenta para a produtividade móbil.