O HTC Velocity porá a proba o LTE en Alemaña

xoves, 9 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O móbil HTC Velocity vai contar cunha versión LTE (4G) en Europa, que segundo parece vai ser estreada polo operador Vodafone en Alemaña, de xeito que o país xermano sería o primeiro en Europa en gozar dun móbil con Android 2.3 e conectividade LTE, o que tamén servirá para pór a probas este tipo de comunicacións 4G.
O HTC Velocity é un móbil con pantalla táctil de 4,5 polgadas cunha resolución de 540 x 960 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDHC), cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles con capacidade para gravar vídeo a 1.080p, Bluetooth 3.0, micro USB (con soporte de saída HDMI mediante MHL) e batería de 1.620 mAh.
Agardemos que durante o Mobile World Congress de Barcelona tamén confirmen a chegada de terminais semellantes ao mercado español, para contribuír ao avance da banda larga móbil.

PUBLICIDADE