O Hipersector TIC duplica o volume das exportacións en 4 anos
xoves, 14 de marzo do 2019
En 2017 as exportacións de bens do Hipersector TIC en
Galicia supuxeron
uns ingresos de máis de 105 millóns de euros, o dobre do rexistrado catro
anos antes, en 2013 con 50,7 millóns de euros. Son parte dos datos expostos
esta mañá no Parlamento de Galicia pola directora da AMTEGA, Mar Pereira.
A máxima responsable da polÃtica tecnolóxica da Xunta
destacou que a Administración autonómica leva impulsando a dixitalización da
Comunidade desde 2009 coas medidas e plans recollidos na súa Axenda Dixital nun
marco de colaboración público-privada co sector tecnolóxico.
Neste sentido Pereira lembrou que a Xunta traballa
directamente con máis de 100 provedores tecnolóxicos, entre os que hai empresas
galegas, nacionais e multinacionais, desenvolvendo diferentes iniciativas de
calado para a dixitalización dos servizos públicos, da economÃa e da inclusión
e a capacitación dixital da sociedade.
Pacto Dixital
Destacou o papel da Administración como catalizador do sector e a importancia entre as sinerxÃas e a colaboración entre as empresas como elemento chave na busca de novos mercados e no crecemento do sector tecnolóxico galego. Neste sentido lembrou que en 2013 a Xunta asinou co Cluster TIC de Galicia e outras 13 empresas galegas, nacionais e multinacionais un Pacto Dixital para atraer investimento á Comunidade, impulsar a colaboración entre as grandes e pequenas empresas para favorecer a internacionalización destas últimas e o desenvolvemento de proxectos tractores para economÃa galega.
Cinco anos de crecemento
Pereira destacou a importancia desta colaboración para un
hipersector tecnolóxico como o galego cun 82% de empresas de 2 ou menos
empregados. A directora da AMTEGA referiuse na súa intervención ao último
informe do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia, que recolle que
o crecemento das exportacións no sector en Galicia, o dobre entre 2013 e 2017,
asà como o incremento de empresas e traballadores.
En 2018 o Hipersector TIC acadou os 23.308 traballadores, o
que supuxo 1.335 traballadores no último ano. É a maior cifra de emprego
rexistrada polo hipersector TIC nos 5 últimos anos. O crecemento no emprego no
último ano prodúcese, principalmente, no sector TIC que dá emprego a 18.163
traballadores e experimenta un incremento do 7,7% no último ano mentres que o
sector Contidos conta con 5.145 traballadores/as e recupera a tendencia
ascendente, cun aumento do 0,7% no último ano.
O Hipersector TIC conta actualmente con 3.474 empresas,
rexistrando un aumento do 9,9% desde 2013. Estas cifras sitúan a Galicia como a
quinta comunidade autónoma cunha maior cifra de empresas deste segmento,
unicamente superada por Madrid, Cataluña, AndalucÃa e a Comunidade Valenciana.
Incremento do valor engadido bruto e das exportacións de bens
O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego
aumentou un 9,1% no último ano e supera xa os 1.300 millóns de euros. Isto
representa un crecemento moi significativo, por primeira vez, nos últimos 6
anos e indica unha tendencia positiva que garda relación co incremento no
número de empresas e traballadores/as.
É preciso salientar que este incremento produciuse tanto no
sector TIC como no sector Contidos. O VEB do sector TIC achégase ao 1.100
millóns de euros, cun crecemento do 9,4% no último ano. No caso do sector
Contidos supera os 211 millóns de euros, cun aumento do 7,6% no último ano.
A actividade económica que acada unha maior cifra de
exportación, un ano máis, corresponde á fabricación de equipos de
telecomunicacións, acadando o 44,5% das exportacións do Hipersector TIC en
Galicia.