O Honor Magic V5 preséntase como o teléfono encartable máis delgado do mercado
mércores, 2 de xullo do 2025
O mercado chinés está recibir o smartphone encartable máis delgado do mercado, o Honor Magic V5, que encartado terÃa un grosor total de 8,8 milÃmetros, mentres que aberto a súa parte máis fina serÃa de só 4,1 milÃmetros (aÃnda que cómpre destacar que acontece no modelo de cor branca cálida, pois o resto de cores terÃan un grosor lixeiramente superior).
Realmente estamos ante unha carreira por adelgazar os móbiles encartables un tanto ridÃcula (falamos de diferenzas entre marcas de 0,1 ou 0,2 milÃmetros), pero resulta evidente que os fabricantes están a perseguir a fabricación de móbiles que encartados teñan un factor forma semellante ao dun smartphone ordinario. O peso deste terminal quedarÃa nuns comedidos 217 gramos.
O Honor Magic V5 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite, ata 16 GB de RAM e ata 1 TB de almacenamento interno, pantalla interior de 7,95 polgadas, pantalla exterior de 6,43 polgadas e unha baterÃa de ata 6.100 mAh (na súa configuración superior) con carga rápida de 66 watts por cable e 50 watts sen fÃos.
O seu módulo de cámaras é especialmente prominente xa que alberga unha cámara principal de 50 MpÃxeles, un ultra grande angular de 50 MpÃxeles e un teleobxectivo 3x de 64 MpÃxeles, mentres que como cámaras frontais emprega sensores de 20 MpÃxeles (tanto na pantalla exterior como na interior).
Este smartphone chega ao mercado chinés a un prezo de entre 8.999 e 10.999 iuans (1.064 e 1.300 euros), aÃnda que é de esperar que teña un prezo considerablemente máis alto en España, onde está previsto que chegue nas vindeiras semanas.