O Honor MagicWatch 2 sae á venda en España

venres, 8 de maio do 2020 Marcus Fernández

Entre os produtos que está a achegar Honor estes días ao mercado español destacan os reloxos Honor MagicWatch 2, que nas súas versións de 42 e 46 milímetros teñen un prezo de lanzamento de 129 e 149 euros respectivamente, o que supón un aforro sobre o prezo habitual dos produtos.
O Honor MagicWatch 2 é un smartwatch de esfera circular personalizable, cunha autonomía de até 14 días, que busca ter a aparencia dun reloxo tradicional coa súa caixa de aceiro inoxidable 316L e a súa correa (de pel marrón ou de fluoroelastómero negro); e conta con funcionalidades deportivas (con 15 modos de adestramento).
O reloxo conta cunha pantalla AMOLED de 1,39 polgadas e resolución de 454 x 454 píxeles; funciona cun procesador Kirin A1, 32 MB de RAM e 4 GB de almacenamento interno; comunícase co noso smartphone por Bluetooth 5.1 para recibir mensaxes de texto e alertas con vibración; monitoriza o ritmo cardíaco, a calidade do sono e o estrés; pode empregarse incluso nadando grazas á súa resistencia á auga de 5 atmosferas; permite o seu uso como reprodutor musical sen fíos (2 GB do seu almacenamento interno poden empregarse para gardar ficheiros en formato MP3 ou LC-AAC, de xeito que non é preciso levar o teléfono enriba para escoitar música con auriculares sen fíos); e tamén integra micrófono e altofalante, polo que serve para responder chamadas directamente dende o pulso.
Un produto moi interesante para os que non se conforman cunha pulseira de actividade, e prefiren gozar das vantaxes do reloxo conectado completo sen adquirir un modelo de alta gama.

A versión de 42 milímetros pode adquirirse en cor negra ou rosa
O modelo de 42 milímetros ten un deseño menos agresivo, pensando no público feminino

PUBLICIDADE