O Huawei Watch D2 chega a España presumindo de tensiómetro
mércores, 20 de novembro do 2024
Para os usuarios preocupados pola súa saúde o fabricante chinés Huawei vén de traer ao mercado español o seu reloxo Huawei Watch D2, que destacar por incorporar unha tecnoloxÃa de medición da tensión arterial baseado en sensores apoiados por unha corea que integra un sistema de inflado semellante ao dos dispositivos de medición da tensión que se colocan no pulso.
O reloxo, compatible con Android e iOS, ten unha pantalla AMOLED de 1,82 polgadas cun brillo máximo de 1.500 nits, está dispoñible en cor dourado ou negro, pode monitorizar o osÃxeno en sangue, a frecuencia cardÃaca, o nivel de estrés, o descanso nocturno, a temperatura da pel e a actividade deportiva, e incluso pode empregarse para responder ou rexeitar chamadas do móbil.
Cómpre salientar que Huawei conseguiu que este dispositivo conseguise certificación médica na Unión Europea, de xeito que as súas funcións de monitorización cardÃaca e de tensión arterial poden considerarse tan válidas como as dun tensiómetro doméstico ordinario, en contraste con outros reloxos conectados.
O prezo oficial do Huawei Watch D2 en España é de 399 euros.
- A principal vantaxe do Huawei Watch D é a medición da tensión arterial