O I Congreso de Cidades Intelixentes e Economía Circular presenta o seu programa definitivo

venres, 16 de maio do 2025 S. P.

O Grupo Norte e O&A Smart City Consulting presentaron o programa definitivo do I Congreso de Cidades Intelixentes e Economía Circular, que está programado para os días 22 e 23 de maio de 2025 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Trátase dun evento de referencia que reunirá expertos/as do ámbito público e privado para abordar os retos e oportunidades da transformación urbana sostible, a innovación tecnolóxica e a economía circular como modelo de desenvolvemento.
O programa de actividades, cuxa versión definitiva foi presentada esta mesma semana e que podemos consultar en liña, posibilitará aos asistentes compartir experiencias, coñecer boas prácticas e establecer redes de colaboración institucional e profesional.
O programa inclúe mesas de debate e relatorios de primeira liña.
As inscricións (de balde) están abertas a través da web Oyasmartcity.com.
O evento conta co patrocinio do Concello e a Deputación de Pontevedra.

Programa

Xoves 22 de maio 9:00 - Inscrición.
9:30 - Benvida e apertura institucional.
Interveñen: Representante da Xunta de Galicia aínda por confirmar, Luis López Diéguez. Presidente da Deputación de Pontevedra e Miguel Anxo Fernández Lores. Alcalde de Pontevedra
10:00 - Keynote 1: Que son as Cidades Intelixentes?
Intervén Adolfo Borrero, director executivo (CEO) de Aalto Consultores
10:30 - 1ª Presentación: Xemelgos dixitais para Cidades Intelixentes
Interveñen: Alicia Izquierdo. Ayuntamiento de Málaga, Pedro Torres. Director de Marketing de ESRI Spain, Julia Molina. Directora de Desenvolvemento de Negocio e Estratexia en Iberia de Salesforce e Antonio J. Lara. CSO Libelium.
Modera:
Emilio Herrera. Vicepresidente da Comisión de Smart Cities de AMETIC.
11:10 - Pausa café
11:40 - 2ª Presentación - Central de Tráfico
Intervén: Francisco Bermúdez. CEO de Grupo Tecnología del Tráfico
12:10 - 3ª Presentación: A dixitalización do territorio e as EDIL
Intervén: Francisco Morcillo, consultor e Grupo de Traballo das EDIL na Comisión de Smart Cities de AMETIC.
12:40 - 4ª Presentación: A Intelixencia Artificial aplicada ás cidades
Intervén: Mª Teresa Linaza, directora de Promoción e Desenvolvemento Institucional de VicomTech.
13:10 - Mesa de debate: A Intelixencia Artificial
Interveñen: Alicia Izquierdo. Ayuntamiento de Málaga, Abraham Carrera Globa, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julia Molina, directora sénior e Desarrollo de Negocio y Estrategia Sector Publico Iberia. Salesforce, Ramón García Guinarte, xerente da Mancomunidade do Salnés e Antonio Cantalapiedra Asensio, fundador e CEO de Georreplica AI
Modera: Manuel Bellido, xornalista especializado.
14:00 - Xantar buffet
Segundo módulo: eficiencia nos servizos municipais
16:30 - 1ª Presentación: Eficiencia enerxética e calidade urbana na iluminación pública
Intervén: Ángel González. Presidente de SETGA
17:00 - 2ª Presentación: A xestión do alumeado público con tecnoloxía Narrowband.IOT
Intervén: Álvaro Piñeiro Fernández. Ferrovial Galicia
17:30 - 3ª Presentación: A dixitalización do ciclo integral da auga
Intervén: Óscar Rodríguez Gutiérrez, conselleiro delegado de Espina & Delfín
18:00 - Mesa de debate
A recollida de lixo eficiente co uso de ferramentas dixitais e sensores
Interveñen: Javier Domínguez Lino, presidente executivo de SOGAMA, María Luz Rivas, directora de Zona Galicia e Asturias de PreZero Soluciones Ambientales, David Redondo, responsable de innovación de Valoriza Servicios Ambientales e Lucía Pazos Alfonso, directora xeral de Calidade Ambiental da Xunta
Modera: Manuel Bellido, xornalista especializado
18:40 - Peche - Adolfo Borrero e Francisco Morcillo </p

Venres 23 de maio
10.00 - 1ª Presentación: A reciclaxe do plástico
Intervén: Filip T’’Jampens. Accountmanager Export de Govaplast.
10:30 - 2ª Presentación: Cara a un futuro respirable
Intervén: Emilio Frojan. CEO de Velca.
11:00 - Pausa café 11:30 - 3ª Presentación: Praias intelixentes
Intervén: Diego González Arias. CEO de Tergo
12:00 - 4ª Presentación: Estacións de mobilidade para unha cidade máis sostible
Intervén: Begoña Abeijón responsable da Área de Mobilidade Sostible do ITCL (Instituto Tecnológico de Castilla y León)
12:30 - Mesa de debate: A economía circular e a sustentabilidade
Interveñen: Representante da Deputación de Pontevedra
Anabel Gulías. Concelleira de Promoción Económica. Concello de Pontevedra, Emilio Froján. CEO de Velca e Diego González Arias. CEO de DGA
Modera: Manuel Bellido
13,10 - Conclusións e peche
Interveñen: Adolfo Borrero, Manuel Bellido e Francisco Morcillo