O IGAPE e CRUSOE estudan a posta en marcha dunha aceleradora de startups de patrimonio cultural dixital
xoves, 10 de agosto do 2023
A
directora do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE),
Covadonga Toca, mantivo recentemente un encontro con representantes
da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo
(CRUSOE) e dos Clústers TIC e Audiovisual no que avaliaron, entre
outros aspectos, os proxectos que están a desenvolver no eido do
emprendemento e a innovación.
Neste
marco, durante a xuntanza Toca Carús puxo en valor a importancia da
aposta polo talento como motor da economÃa do coñecemento, da
economÃa verde e dixital.
Durante
a reunión, os responsábeis de CRUSOE trasladaron á directora do
IGAPE as iniciativas que se están levando a cabo desde a Conferencia
en materia de patrimonio cultural dixital e a posibilidade dunha
aceleradora de startups neste eido de actividade innovadora.