O IGAPE e ENISA sentan as bases dunha meirande colaboración para crear e impulsar startups

venres, 27 de xaneiro do 2023 S. P.

O director do IGAPE, Fernando Guldrís, o director de XesGalicia, Rubén Aguión, e a subdirectora de Investimentos e Startups do IGAPE, Fany Suárez, mantiveron este venres 27 de xaneiro un encontro con Jordi García, director de Fomento do Ecosistema Emprendedor de ENISA (Empresa Nacional de Innovación, S.A.), e Juan Manuel Garrido, director de Operacións, no que afondaron “na importancia de impulsar un ecosistema que mesture talento e innovación para mellorar a competitividade do tecido empresarial”.
Segundo informou o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), a xuntanza permitiu poñer en valor “a cooperación entre administracións” na procura de configurar o mellor ecosistema posíbel sobre a base da innovación, a dixitalización e a sustentabilidade, atraendo talento e capital internacional.
Neste contexto, o director do IGAPE sinalou que “impulsar o talento e a innovación é impulsar a mellor versión de Galicia”, defendendo a importancia de “tomar a creatividade e o talento como punto de partida, e a tecnoloxía como ferramenta clave”.
Sobre estes eixos, expuxo, susténtase, dixo, a Axenda Startups de Galicia, coa que o Goberno galego aspira a “crear un centenar de novas empresas e acelerar 200 startups durante este ano e o que vén”, promovendo desde xeito “un ecosistema innovador con capacidade para mellorar a competitividade do tecido produtivo”. Búscase, en termos impulsar e dar continuidade a proxectos de business factories, foodtech, biotech, healthtech, edtech, climatetech, loxística ou as cadeas de subministracións.

PUBLICIDADE