O IGAPE presenta unha ferramenta de asesoramento a empresas ante o Brexit
martes, 26 de marzo do 2019
O director do IGAPE, Juan Cividanes, presentou
esta mañá a plataforma dixital posta en marcha pola Xunta de Galicia que
ofrece ás PEME galegas interesadas diagnoses técnicas e personalizadas de cal é
a súa situación e como deben actuar ante o novo escenario económico que se abre
coa saÃda do Reino Unido da Unión Europea. Con esta ferramenta, o tecido
empresarial galego poderá coñecer o impacto real do Brexit na súa actividade
diaria.
Esta iniciativa quere contribuÃr a que as empresas poidan
anticiparse e adoptar as medidas necesarias para converter un novo escenario
económico nunha oportunidade. Ademais, a ferramenta permitirá planificar e
elaborar plans de continxencia para mitigar os riscos derivados do Brexit.
A plataforma dixital facilita unha avaliación do impacto
do posible novo contexto comercial ás empresas galegas en dous niveis, o da súa
preparación actual ante o Brexit e o da súa dependencia comercial co paÃs
anglosaxón. A partir destes parámetros, a ferramenta analiza cada PEME en cinco
dimensións clave: estratexia e modelo de negocio, fiscalidade e aduanas, marco
legal, organización e persoas, e marco financeiro.
Ademais de proporcionar recomendacións especÃficas sobre
cuestións clave en función da situación de cada PEME, este instrumento de apoio
ao tecido empresarial galego amosa unha análise comparativa con respecto a
outras empresas, asà como indicacións globais para cada un dos sectores
estratéxicos de Galicia.
Na súa intervención, Cividanes lembrou que xunto con esta
páxina web, as empresas van dispor en Galicia dunha oficina na sede do IGAPE,
que ofrecerá un servizo de consultorÃa para as compañÃas que soliciten
información sobre o escenario económico do Brexit. Engadiu que nos vindeiros
meses se vai poñer en marcha outra oficina emprazada en Londres que atenderá as
necesidades do tecido empresarial galego asentado no Reino Unido.
Cividanes salientou tamén que este destino debe seguir
consolidándose como mercado relevante para o tecido empresarial galego e que a
circulación de servizos e mercadorÃas entre Galicia e o paÃs anglosaxón debe
continuar en termos semellantes aos dos últimos anos. Nese sentido, resaltou a
alta calidade e a diferenciación dos produtos galegos, que son os impulsores da
presenza internacional das compañÃas da nosa comunidade.