O II Foro Unirede terá lugar en Compostela o vindeiro 27 de outubro

luns, 23 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Tras o éxito da primeira edición do Foro Unirede, o foro galego da web 2.0 volverá á Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro 27 de outubro para servir de escaparate das boas prácticas galegas en redes sociais e fomentar a interacción entre os diferentes actores de tal sector na nosa comunidade autónoma.
O segundo Foro Unirede incorpora como novidades 2 áreas de traballo (saúde 2.0 e moda) que completan ás 3 que botaron a andar o ano pasado: turismo/gastronomía, comunicación e industrias culturais.
O evento repartirase en 2 sesións, de xeito que pola mañá formularase como unha sesión plenaria, na que presentaranse casos de éxito e boas prácticas entre as distintas iniciativas principiadas con apoio das canles sociais en Galicia, mentres que na sesión vespertina traballarase en 5 obradoiros temáticos.
Paralelamente, durante a semana de outubro que precede ao Foro desenvolveranse distintas actividades para achegar o mundo 2.0 e das redes sociais a distintos colectivos sociais e empresariais.

JPEG - 116.8 KB
Na tarde do sábado 27 de outubro desenvolveranse distintos obradoros temáticos en paralelo

PUBLICIDADE