O ITG achega a computación cuántica a estudantes de FP
xoves, 8 de maio do 2025
Máis de medio centenar de estudantes de Formación Profesional participaron nos obradoiros de computación cuántica impartidos polo ITG ao longo dos últimos meses. En concreto, foron un total de 65 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico e da FP básica de Electricidade e Electrónica do IES Urbano LugrÃs e do Curso de Especialización en Intelixencia Artificial e Big Data do IES Fernando Wirtz, ambos na Coruña, os que recibiron formación por parte de expertos do ITG.
Esta iniciativa forma parte de ARQAdemia, o programa de capacitación en computación cuántica e tecnoloxÃas disruptivas dirixida a alumnos de FP, no que o ITG forma parte como un dos tres centros tecnolóxicos de excelencia investigadora Cervera en Computación Cuántica en España, o único en Galicia. AsÃ, durante o mes de abril, no que se celebrou o DÃa Mundial da Cuántica, desenvolvéronse as primeiras sesións de ARQAdemia, coincidindo ademais co Ano Internacional da Ciencia e a TecnoloxÃa Cuánticas.
A rede ARQA, única Rede de Excelencia Cervera en Computación Cuántica, está integrada polo ITG, CTIC e EURECAT. Céntrase na investigación e aplicación da computación cuántica a problemas concretos de clasificación, optimización, e IA xenerativa, que se materializarán no desenvolvemento de tres demostradores especÃficos: clasificación de imaxes satelitais, optimización da repartición enerxética nunha comunidade enerxética, e a detección de fraudes en imaxes xeradas con IA xenerativa. Todo iso, coa criptografÃa como disciplina transversal a todo o traballo investigador.
ARQA, ademais, pon o foco en achegar a cuántica á sociedade e promover a súa comprensión, asà como na atracción e desenvolvemento de talento. Froito deste obxectivo nace ARQAdemia.
400 estudantes galegos formados en tecnoloxÃa en 2024
Ao longo de 2024, 400 alumnos das etapas de Secundaria, Bacharelato, Universidade e Posgrao de toda Galicia tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo do centro tecnolóxico con sede na Coruña.
Na etapa de Formación Profesional, o ITG colabora co IES Urbano LugrÃs, da Coruña, no proxecto FP Innova sobre medición con drons da cobertura 5G nas proximidades dunha antena de comunicacións. Nesta iniciativa, organizada pola Xunta de Galicia, o ITG ofrece aos estudantes participantes as súas instalacións e soporte técnico para a execución dos voos dos drons, asà como o desenvolvemento dunha aplicación de Realidade Aumentada. Ademais, estudantes deste centro, asà como do IES Fernando Wirtz acoden a ITG a realizar prácticas.
Próxima edición da Liga Maker Drone
A Liga Maker Drone, impulsada polo centro tecnolóxico ITG e a Fundación Barrié, é unha iniciativa pioneira na que estudantes de 2º curso de Educación Secundaria de centros de toda Galicia desenvolven unha solución dron para dar resposta a un reto de carácter social. Esta competición xa consolidada promove, a través dunha experiencia participativa e estimulante, converter aos estudantes en actores activos en aplicacións tecnolóxicas, estimulando o seu interese, creatividade e autonomÃa.
AsÃ, na última edición da Liga Maker Drone, o alumnado con interese en carreiras STEM pasou do 54% ao 83% tras a súa participación na competición. En maio deste ano terá lugar a súa cuarta edición.