O ITG amosa no Porto Exterior da Coruña o funcionamento dunha estación de drons autónomos
xoves, 11 de xullo do 2024
O Centro Tecnolóxico ITG coordinou esta mañá no Porto Exterior da Coruña, ante medio cento de empresas e entidades públicas, unha demostración de casos de uso de drons autónomos nun contorno portuario. Nesta xornada, que contou coa colaboración de Salvamento MarÃtimo da Cruz Vermella e empresas operadoras de drons como Aeromedia, Aerocámaras e Nordés Tech, púxose en práctica a tecnoloxÃa desenvolvida por ITG para as operacións autónomas de drons e a súa integración segura no espazo aéreo, a través das súas plataformas DroneSuite e Daliah.
A tecnoloxÃa de ITG permitirá o tráfico automatizado de vehÃculos aéreos non tripulados (UAV) no ano 2026. Nesa data, A Coruña será unha das cidades pioneiras en España en despregar zonas U-Space que cumpran todos os requisitos normativos e a tecnoloxÃa necesaria para que un gran número de operadores de drons despreguen as súas operacións de forma simultánea, coordinada e automatizada.
Para AnalÃa López Fidalgo, directora de Sensórica e Sistemas Aéreos non Tripulados de ITG, «grazas ao traballo que estamos a realizar en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña e de Ferrol, estimamos que nos vindeiros cinco anos se poderÃa superar a barreira dos 20.000 voos anuais en ambas instalacións portuarias. Identificamos ata 20 operacións de voo con drons que serán habituais neste tipo de infraestruturas, analizando os riscos de cada unha delas e definindo os requisitos operativos e de seguridade con todas as partes implicadas. Un traballo complexo pero necesario para pasar á seguinte fase, que consiste en certificar tecnoloxÃa que dará servizo aos operadores que queiran voar de forma coordinada no mesmo espazo aéreo de forma autorizada, integrada e segura».
O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, MartÃn Fernández Prado, valorou moi positivamente todo o labor de innovación que está a desenvolver ITG neste campo, sinalando que «a utilización de drons para o servizo de vixilancia e para a supervisión das infraestruturas e as operacións portuarias será moi útil nos portos nos próximos anos, e esta colaboración co Centro Tecnolóxico vaise permitir incorporalos a curto prazo no noso traballo diario con total garantÃa de seguridade e eficiencia».
Demostración de uso de drons en portos: rescate dunha persoa no mar
Ao longo da mañá, realizáronse demostracións prácticas de seis casos de uso con drons autónomos que forman parte da lista de vinte xa identificados e analizados durante os traballos previos nos últimos meses. Desta forma, despegou un dron autónomo simulando unha operación de vixilancia rutineira na que se detecta unha persoa caÃda ao mar e actÃvanse diversas operacións con drons asociadas ao seu rescate. A localización coa tecnoloxÃa DroneFinder permite enviar as coordenadas exactas para que outro dron lance un flotador á persoa caÃda á auga e que un dron marÃtimo se desprace até ese punto e achegue á vÃtima até o dique. Tamén se levaron a cabo demostracións de inspección de guindastres, parámetros e dique de abrigo; de loxÃstica portuaria, detección de drons non colaborativos e como funciona a tecnoloxÃa ITG que permite obter as autorizacións para un voo simultáneo integrado e seguro dos drons que realizan estes servizos.
A xornada, que contou con representantes das entidades públicas INECO, ENAIRE, SENASA, o servizo de Gardacostas ou a Unidade Militar de Emerxencias, e empresas como Telefónica e MGS, entre outros, contou coa colaboración da Autoridade Portuaria da Coruña e Hércules Servizos Auxiliares, Portuarios e LoxÃsticos, empresa concesionaria do porto exterior na cuxo nave se desenvolveron as explicacións previas ás demostracións.
O Centro Tecnolóxico ITG alcanzou recentemente un acordo coa Autoridade Portuaria da Coruña para despregar no Porto Exterior a primeira estación de drons autónomos, un hangar robotizado denominado DroneSafeBox que permitirá xestionar operacións como o control de mercadorÃas, o uso dos espazos, as operacións de carga e descarga ou a vixilancia, e mesmo o transporte de obxectos. Este niño para drons é a primeira estación destas caracterÃsticas que se habilita en España nun contorno portuario de forma permanente e permitirá integrar a tecnoloxÃa nos procesos do porto de cara á súa futura explotación comercial. As operacións da estación pioneira de Lagosteira planificaranse e programaranse desde GalaxyLab, o centro de control de ITG situado nun edificio independente na Cidade das TIC.