O ITG organiza na Coruña unhas xornadas e innovación para empresarios
mércores, 3 de outubro do 2007
No marco da Aula de Innovación da Dirección Xeral de I+D+i, o Instituto Tecnolóxico de Galicia vén de anunciar a celebración dun Programa de Dirección da Innovación na Coruña (Hotel Barceló Premium) do vindeiro 9 ó 31 de outubro. Con esta iniciativa, a dita entidade, que exerce a secretaría permanente do Foro de Innovación Tecnolóxica, pretende “incrementar a capacidade dos empresarios, directivos e profesionais de Galicia no eido da xestión da I+D+i a través dunha formación eminentemente práctica”.
As xornadas, que son de balde, van dirixida a empresarios, directivos e mandos intermedios de empresas galegas que demanden coñecementos sobre modelos e ferramentas para implementar a innovación tecnolóxica na organización.
Poden incribirse nelas até un total de 30 persoas.
Entre outras cousas, os asistentes ós actos do programa obterán información de utilidade para: fomentar unha cultura da innovación na empresa, adoptar o liderato da innovación na organización ou incorporar a I+D como un factor clave na estratexia da empresa; e todo isto, a partires de sesións teóricas e prácticas, con xornadas temáticas e exposición de casos reais.
Programa:
Martes 9 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Innovación, Interseccións e Oportunidades de Negocio”
D. Salvador Aragón. Instituto de Empresa
Director Xeral de Innovación, Profesor de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Investigador do Information Management Research Center do Instituto de Empresa.
Mércores 10 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Fundamentos da Innovación”
D. Guillermo Cardoza. Instituto de Empresa
Director do Centro Euro-Latinoamericano, profesor de Xestión da Tecnoloxía e a Innovación no IE, Doutor en Economía da Empresa pola Sorbonne de París, Enxeñeiro Químico pola Universidad Nacional de Colombia e Post-doctorado en Competitividad e Innovación en Harvard University.
Xoves 11 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Xestionando os equipos para a Innovación”
D. Guillermo Cardoza. Instituto de Empresa
Martes 16 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Dirección Estratéxica do coñecemento organizativo”
D. Carlos Merino Moreno – UAM. Instituto de Empresa
Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidad Carlos III, Coordinador da Cátedra Hay Group "Gestión del Talento", actualmente é Xerente do Instituto Universitario de Administración de Empresas na Universidad Autónoma de Madrid.
Mércores 17 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Protexendo a Innovación”
Dña. Zoida Gulin - Clarke, Modet & Cº España
Licenciada en Dereito pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo, actualmente é Directora da delegación en Santiago de Compostela da multinacional Clarke Modet & Cº.
Xoves 18 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva”
Pere Escorsa - IALE Tecnología
Doutor, Enxeñeiro Industrial e Licenciado en Ciencias Económicas, Catedrático de Economía na Escuela de Ingenieros Industriales de Terrassa (Universidad Politécnica de Cataluña), actualmente é Xerente da empresa IALE Tecnología.
Luns 22 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Xestión da I+D+i: serie de normas UNE 166000 - I”
D. José Luis Iglesias – Novotec Consultores
Enxeñeiro Industrial pola Universidad de Oviedo, Evaluador EFQM e Auditor Xefe de Calidade e I+D+i, actualmente é Experto técnico en i+d+i en Novotec Consultores.
Martes 23 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Xestión da I+D+i: serie de normas UNE 166000 - II”
D. José Luis Iglesias – Novotec Consultores
Mércores 24 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Ferramentas para a Innovación: análise de valor I”
Dña. Alejandra Maceiras – Instituto Tecnolóxico de Galicia
Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de A Coruña, Auditora Xefe de sistemas de calidade, Professional In Value Management PVM, Especialista en Xestión de Valor nivel II, actualmente é Xefe de Proxecto da Área de Xestión da Innovación do ITG.
Xoves 25 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Ferramentas para a Innovación: análise de valor II”
Dña. Alejandra Maceiras – Instituto Tecnolóxico de Galicia
Luns 29 de Outubro de 16:30 h a 21:30 h
“Taller de creatividade para a innovación - I”
D. Mario López de Ávila – Nodos CTC
Executive MBA Instituto de Empresa, Doctorando Sociedad de la Información y del Conocimiento por la UOC, profesor asociado no IE na área de Operations and Technology Management - Disciplina de Project Management, Especialista en Control Integrado de Proxectos, actualmente é socio-director da empresa Nodos CTC.
Martes 30 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Taller de creatividade para a innovación - II”
D. Mario López de Ávila – Nodos CTC
Mércores 31 de Outubro, de 16:30 h a 21:30 h
“Taller práctico de análise de valor II”
Dña. Alejandra Maceiras – Instituto Tecnolóxico de Galicia