O Igape porá en marcha novos obradoiros de dixitalización e innovación
luns, 27 de outubro do 2025
O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución de concesión dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, innovación, sustentabilidade e loxÃstica avanzada convocados pola ConsellerÃa de EconomÃa e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que permitirán pór en marcha 35 novos proxectos colaborativos en todo o territorio galego.
Este programa, dotado con máis de 630.000 euros, reforza o apoio da Xunta ao tecido empresarial na súa transición cara a modelos produtivos máis innovadores, dixitais e sostibles, impulsando o traballo en rede e a cooperación entre empresas e entidades.
As axudas, que cobren o 100% dos gastos subvencionables, están dirixidas a organismos intermedios de carácter empresarial (como clústeres, confederacións e asociacións sectoriais) que actúan como espazos de conexión entre pemes, grandes empresas, centros tecnolóxicos e administracións públicas. No conxunto dos proxectos aprobados participan máis de 200 empresas galegas, que colaborarán na identificación de retos e oportunidades nos ámbitos da innovación, a dixitalización, a economÃa circular e a loxÃstica avanzada.
Entre as iniciativas apoiadas nesta edición figuran proxectos promovidos por entidades como CEAGA, Viratec, Dihgigal, Bioga, o Clúster TIC, o Clúster Alimentario de Galicia, a Confederación de Empresarios de Pontevedra ou o Clúster da Biomasa, entre outras. Estes obradoiros abordarán cuestións clave como o uso da intelixencia artificial na industria téxtil, a ciberseguridade no sector naval, a eficiencia enerxética, a trazabilidade mediante tecnoloxÃas RFID ou a valorización de materias primas como a la galega, entre outros exemplos.
O obxectivo é fortalecer a cooperación empresarial e impulsar proxectos conxuntos que poidan optar a futuros programas de apoio, consolidando un ecosistema baseado na innovación e no traballo colaborativo.
Desde a súa posta en marcha, o programa do Igape permitiu desenvolver máis de 190 obradoiros en Galicia, cun investimento global superior aos 3,4 millóns de euros, contribuÃndo a que as empresas galegas incorporen novas tecnoloxÃas, procesos sostibles e melloras competitivas de alto impacto.
Con esta nova convocatoria, a Xunta reafirma o seu compromiso cunha industria galega innovadora, sostible e aberta ao mundo, que aposta pola dixitalización e a cooperación como motores de crecemento e modernización.
