O Internet Explorer 8 continúa sen falar galego
mércores, 3 de xuño do 2009
Esta semana o Internet Explorer 8 engadiu 20 linguas adicionais, sumando un total de 63 idiomas que van dende o inglés ata o xaponés, pasando polo croata, o serbio, o tamil, o bosnio, varios dialectos do chinés, o malaio e o bengalÃ, o portugués (e o brasileiro), o español, o catalán ou o éuscaro, sendo o galego a única lingua peninsular que continúa sen estar soportada polo novo navegador de Microsoft, aÃnda que vendo o esforzo que están a facer pola internacionalización do produto entendemos que chegará cedo na nosa lingua.