O Issga destaca a importancia da desconexión dixital nunha xornada formativa
xoves, 6 de marzo do 2025
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración, inaugurou hoxe a súa oferta formativa incluÃda no Plan de actuación 2025 cunha xornada técnica en formato webinar que solicitaron máis de 200 persoas e na que se abordaron os aspectos clave da desconexión dixital e a súa xestión na contorna laboral. O evento (no que se proporcionou información detallada sobre o marco normativo que regula o dereito á desconexión dixital en España, asà como ferramentas prácticas para garantir o seu cumprimento) estivo dirixido a empresarios, mandos intermedios e profesionais da prevención de riscos laborais interesados en incorporar estratexias e recursos innovadores nas súas organizacións. Asà mesmo, tamén se abriu a participación a traballadores en active e futuros profesionais, co fin de conciencialos sobre a importancia da desconexión dixital e os seus dereitos laborais.
O seminario web centrouse na importancia da desconexión dixital como un dereito laboral, cuxa relevancia aumentou considerablemente nos últimos anos debido á expansión do teletraballo e ao uso intensivo de novas tecnoloxÃas. Durante a sesión, explicouse como este dereito permite ao persoal traballador non participar en actividades laborais nin responder a comunicacións fóra do seu horario de traballo, contribuÃndo a mellorar a conciliación da súa vida persoal e laboral e previndo a sobrecarga fÃsica e mental.
Un dos puntos destacados foi a relación entre a desconexión dixital e a prevención de riscos laborais. Sinalouse que a súa adecuada implementación non só incrementa a produtividade, senón que tamén protexe a saúde das persoas traballadoras ao reducir os efectos negativos derivados da hiperconectividade. Neste sentido, a Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 contempla obxectivos estratéxicos que abordan os riscos derivados da dixitalización, subliñando a necesidade de sensibilizar e formar a empresas e persoas traballadoras na avaliación e control dos riscos psicosociais e a saúde mental, asà como na aplicación de solucións para o teletraballo e a desconexión dixital. Seguindo esta estratexia, o Plan de Actuación 2025 do Issga desenvolve iniciativas concretas neste eido, onde se destaca a atención aos riscos psicosociais asociados á dixitalización, o envellecemento da poboación traballadora e a transición cara a novos modelos laborais.
Riscos emerxentes da dixitalización
Durante a sesión tamén se abordou como a dixitalización está a transformar o mundo laboral, introducindo tanto oportunidades como desafÃos. Destacouse a crecente presenza de tecnoloxÃas como a intelixencia artificial, o big data, os robots colaborativos e as plataformas dixitais de traballo, que modificaron as dinámicas laborais e xeraron a necesidade de establecer medidas eficaces para garantir a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras nestas novas contornas.
Asà mesmo, tamén se remarcou a importancia de deseñar estratexias de prevención centradas nas persoas e na saúde laboral desde o inicio da implementación de ferramentas dixitais. Neste contexto, cómpre sinalar que o Issga colabora activamente coa Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) co obxectivo de sensibilizar sobre os riscos emerxentes da dixitalización e promover a creación de espazos laborais máis seguros e saudables.
A sesión concluÃu cun espazo de debate no que os asistentes tiveron a oportunidade de expor dúbidas e compartir experiencias sobre a aplicación da desconexión dixital nas súas respectivas organizacións. Este intercambio de ideas permitiu reforzar os coñecementos adquiridos e fomentar a implementación de medidas concretas nos distintos ámbitos laborais. A acollida positiva deste webinar reforza a importancia de impulsar polÃticas que garantan contornas laborais saudables e adaptadas aos retos da era dixital, promovendo medidas de sensibilización e de Formación.