O JooJoo amósase en vídeo

luns, 5 de abril do 2010 Marcus Fernández

Nun momento no que todos os medios están a prestar atención ao iPad, o JooJoo de FusionGarage quere ver a luz, o que parece un serio problema de planificación, pois debería terse anticipado para non verse eclipsado polo produto de moda, e o que antes víase coma o revolucionario CrunchPad, agora queda coma unha mera imitación dun produto de Apple.
A xente de Engadget foi a primeira en comprobar que o JooJoo é un produto real e non puro fume (coma temían moitos, antes as demoras do seu lanzamento), e finalmente temos un equipo cunha pantalla panorámica de 12,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, procesador Intel Atom a 1,6 GHz, 4 Gb de almacenamento interno, conectividade Wi-Fi e Bluetooth, webcam e, especialmente, un sistema operativo orientado á web (compatible con Adobe Flash) e capaz de reproducir vídeo en alta definición, aínda que conta con atrancos como unha autonomía reducida (ata 5 horas, mentres que o iPad dura unhas 10), un peso considerable (1,1 quilos, máis próximo a un ultraportátil que ao tablet de Apple) e un prezo bastante elevado (uns 500 dólares), de xeito que será difícil velo facerse un oco no mercado.
Cómpre destacar que a súa interface de usuario é bastante boa, coma podemos ver no vídeo que publican en Engadget:

PUBLICIDADE