O JooJoo pode mercarse dende Europa por 359 euros
mércores, 28 de abril do 2010
Adiantándose á
chegada do iPad, Fusion Garage comeza a aceptar pedidos dende Europa,
de xeito que por
359 euros (aos que hai que engadir 15 euros de gastos de envÃo)
podemos xa adquirir o seu polémico tablet
JooJoo, o que parece un prezo bastante atractivo, especialmente se repasamos as
caracterÃsticas deste dispositivo con pantalla de 12,1 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, procesador Intel Atom N270, tarxeta gráfica
nVIDIA ION e sistema operativo baseado en Linux, que destacarÃa por ser capas
de acceder a contido en Flash e a vÃdeo en alta definición a pantalla completa (para o que sairá unha actualización do seu
software en breve.
ExistÃan rumores de que estes dispositivos non están a ter boas vendas, pero
hai que recoñecer que ao seu prezo actual son unha alternativa moi atractiva
aos ultraportátiles de baixo custo. Amais, o JooJoo demostrou en vÃdeo ter un
rendemento bastante bo para un uso orientado á web, aÃnda que coma
punto en contra temos que a súa autonomÃa serÃa dunhas 5 horas (fronte ás 10 do
iPad) e o seu peso superior a 1,1 quilogramos (fronte aos 680 gramos do tablet
de Apple). En definitiva, que estamos ante un ultraportátil sen teclado e con
pantalla táctil que poderÃa atopar o seu público grazas principalmente ao seu
prezo.