O Kensington ShareCentral comparte dispositivos USB entre 2 ordenadores
martes, 17 de xuño do 2008
Compartir un
dispositivo USB entre varios ordenadores pode ser un tanto molesto, por ter que
andar a conectar e desconectar cables constantemente ou, de facelo a través
dunha rede local, tendo que ter o equipo anfitrión acendido para poder empregar
o dispositivo conectado ao mesmo, o que pretende solucionar o novo Kensington ShareCentral,
que permite compartir varios
dispositivos USB entre 2 ordenadores, podendo conmutar o equipo que
accede a cada trebello mediante a simple pulsación dun botón (e no caso de
compartir unha impresora nin sequera serÃa preciso facer tal, xa que inclúe un
software especial que detecta cando imos a imprimir e automatiza a conmutación
da impresora).
Este curioso accesorio véndese en versións de 1, 3 e 5 portos a 39,99, 59,99 e
79,99 dólares respectivamente.