O Kindle con pantalla a cor estrea versión con 16 GB de almacenamento
xoves, 24 de xullo do 2025
Amazon anunciou unha nova incorporación á súa liña de lectores electrónicos: o Kindle Colorsoft de 16 GB, dispoñible desde hoxe por 269,99 euros. O novo modelo ofrece as principais caracterÃsticas que fixeron popular esta serie de dispositivos a cor, cun prezo máis accesible e con tres meses de subscrición a Kindle Unlimited incluÃdos.
O novo Kindle Colorsoft de 16 GB mantén a pantalla a cor de alto contraste, a velocidade de paso de páxina mellorada, luz cálida axustable, unha autonomÃa de varias semanas e acceso á tenda Kindle. Os lectores poden explorar capas a cor, novelas gráficas e libros ilustrados con máis realismo visual, asà como engadir resaltados en amarelo, laranxa, azul ou rosa e filtralos facilmente despois. Tamén inclúe unha función de cambio de cor de fondo para quen prefira ler con páxinas escuras.
Xunto ao modelo de 16 GB, Amazon continúa ofrecendo o Kindle Colorsoft Signature Edition por 299 euros, que amplÃa a capacidade a 32 GB e engade carga sen fÃos e luz frontal con axuste automático.
O Kindle Colorsoft é unha introdución aos lectores de libros electrónicos con pantalla a cor, pero achega unha experiencia moi inferior á dunha tableta, xa que a resolución das cores e a súa intensidade son bastante reducidas ao adoptar a tecnoloxÃa E-Ink Kaleido 3.
