O LG G2 mini poderase ver a semana que vén en Barcelona
mércores, 19 de febreiro do 2014- A diferenza de tamaño entre o LG G2 e a súa versión mini é notable
Espérase que a semana que vén, no marco do Mobile World
Congress de Barcelona, LG presente en sociedade o seu novo
LG G2 mini, versión do seu móbil insignia que pasarÃa dunha pantalla de 5,2
polgadas a unha máis moderada de 4,7 polgadas (que segue a ser bastante grande
para un terminal apelidado mini)
nunha xogada que pode lembrarnos ao que Sony fixo anunciando o XPERIA Z1
compact (que reducir o tamaño sen perder prestacións).
O LG G2 mini, por desgraza, experimenta importantes perdas na súa redución de
tamaño, quedando cunha resolución de pantalla pouco digna (960 x 540 pÃxeles) e
reducindo o seu procesador dun Qualcomm Snapdragon 800 a un Snapdragon 400 ou
un nVIDIA Tegra 4i, detalles que deberÃan contribuÃr considerablemente a
reducir o prezo do smartphone (que poderÃa quedar no rango dos 300-400 euros).
O novo teléfono terá versións con dobre SIM, gozara de 1 Gb de RAM, cámaras de
8 e 1,3 MpÃxeles, poderá ampliar os seus 8 Gb de almacenamento interno mediante
tarxetas microSD e a súa baterÃa será de 2.440 mAh, e claramente irá dirixido a
mercados nos que o prezo sexa máis importante á hora de elixir terminal.
- O LG G2 miin poderá verse a vindeira semana no Mobile World Congress de Barcelona