O LG G5 terÃa unha pantalla sempre acesa
mércores, 10 de febreiro do 2016
O vindeiro 21 de febreiro, de cara ao Mobile World Congress
de Barcelona, LG ten previsto presentar o seu novo smartphone insignia, o LG
G5, e para ir abrindo boca publicou unha
imaxe animada nas redes sociais na que anticipa o que poderÃa ser unha das
funcionalidades estrela do novo móbil: Always ON. Esta funcionalidade parecer
ser unha evolución da vista rápida,
prestación que teñen moitos terminais actualmente, e que consiste en amosar
información básica como a hora e as últimas notificacións durante uns segundos
cando se detecta que, por exemplo, sacamos o móbil do peto, pero enténdese que
desta volta estamos nun caso diferente, xa que o LG G5 manterÃa tal pantalla
sempre activa e sen limitarse a unha pequena
pantalla secundaria como fai o LG V10.
Enténdese que o Always ON do LG G5 funcionará a pantalla completa, polo que
poderÃa ter opcións de personalización, e posiblemente consigan que o seu
impacto na baterÃa sexa moi reducido empregando unha pantalla AMOLED avanzada,
o que semella todo un reto, xa que actualmente os móbiles que fan algo
semellante tenden a acender só unha pequena rexión da pantalla (coincidindo
cunha fiestra na súa funda).
Haberá que agardar uns dÃas para coñecer realmente o funcionamento desta
tecnoloxÃa, para ver se é incentivo dabondo como para que o LG G5 poida captar
a atención do público.