O LG G6 é o primeiro smartphone en poder gozar de Netflix con HDR

xoves, 11 de maio do 2017 Marcus Fernández

Ao presentarse o LG G6 destacábase a súa pantalla FullVIsion de 5,7 polgadas cunha resolución de 2.880 x 1.440 píxeles, e entre as súas especificacións comentábase que non só soportaba HDR10 e Dolby Vision, e agora que se actualiza a aplicación de Netflix para Android soportando HDR resulta que o primeiro smartphone en soportar a funcionalidade é o de LG, o que supón un bo tanto para a compañía surcoreana.
En calquera caso outros móbiles como o Samsung Galaxy S8 tamén contan con HDR, aínda que mediante estándares diferentes que os empregados polo momento pola aplicación de Netflix, aínda que parece que será cuestión de tempo que os móbiles de Samsung tamén poida gozar do HDR en Netflix.
Cómpre lembrar que o HDR só está dispoñible en Netflix para os usuarios que contraten o plan de subscrición Premium, que custa 11,99 euros/mes e permite até 4 fluxos de vídeo simultaneamente.

PUBLICIDADE