O LG LH2300 combina navegación web cunha cámara de 5,1 MpÃxeles
martes, 25 de marzo do 2008
LG anunciou o lanzamento do seu novo teléfono móbil LH2300
Touch Web que parece ser unha adaptación
do Casio W53CA para o mercado surcoreano, e que destaca pola súa cámara
dixital cun sensor CMOS de 5,1 MpÃxeles, lente de 28 milÃmetros, corrección de
cor, foco autmático de 9 puntos e tecnoloxÃa anti-choque integrada.
- O novo teléfono permite ver páxinas web a unha resolución comparable á dun ordenador
A súa pantalla de 2,8 polgadas ten unha resolución de 800 x 480 pÃxeles, o que
permite unha boa experiencia de navegación pola Internet neste móbil 3G
anunciado para o mes de abril e que tamén integra un sintonizador de televisión
móbil.
O teléfono tamén conta con 1 Gb de
SDRAM, 4 Gb de NAND Flash e lector de tarxetas microSD. Mide 103 x 50 x 18,9
milÃmetros e pesa 122,5 gramos.
Por desgraza, este impresionante terminal está destinado só para Corea do Sur,
pero pode marcar unha tendencia de móbiles con elevadas prestacións multimedia
que tamén permitan navegar pola Internet e capturar imaxes de alta calidade, no
que supón todo un avance na converxencia de dispositivos.