O LG Optimus 3D chega a España

xoves, 16 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Durante o Mobile World Congress de Barcelona puido verse o atractivo LG Optimus 3D, móbil con Android 2.2.2, procesador de dobre núcleo a 1 GHz e 8 Gb de memoria que destacaba por contar cunha dobre cámara de 5 Mpíxeles que permite gravar vídeo 3D a 720p e 2D a 1.080p e que incluso conta cunha pantalla autoestereoscópica (3D sen lentes) de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles. Tamén conta cunha saída HDMI para poder gozar dos seus contidos 3D nun televisor compatible.
Es rechamante móbil chega a España da man de Vodafone, compañía que está a apostar forte por este terminal, xa que destinará 15 millóns de euros á súa promoción e subvención, gañándose así unha exclusividade por 3 meses. Os interesados en adquirilo pode subscribirse para recibir información cando estea dispoñible.
O LG Optimus 3D incorpora 2 cámaras para poder tomar imaxes e vídeos estereoscópicosA finais de mes agárdase que estea dispoñible a través da páxina web de Vodafone, para chegar en xullo a tendas física, a prezos que parten dos 0 euros. O móbil pode mercarse con portabilidade á tarifa @XS de 20 euros/mes por 219 euros, coa tarifa @S (29,9 euros/mes) por 89 euros e por 0 euros a partir da tarifa @M (40 euros/mes).
Para que os usuarios que se fagan co móbil poidan gozar de contidos 3D dende o primeiro momento inclúe contido estereoscópico preisntalado: 10 películas curtas e 3 xogos de Gameloft (N.O.V.A., Let’s Golf 2 e Asphalt Urban 6).


Así puido verse o LG Optimus 3D no MWC 2011 de Barcelona

PUBLICIDADE