O LG Optimus G Pro terá pantalla Full HD de 5 polgadas
martes, 22 de xaneiro do 2013
Hoxe presentouse no Xapón o novo móbil LG
Optimus G Pro, que no territorio nipón vai comercializar o operador NTT
DoCoMo e que supón a estrea do fabricante surcoreano no que parece que vai ser
a tendencia dos móbiles de alta gama durante a primeira metade do presente ano:
a incorporación de pantalla Full HD de 5 polgadas.
O novo tabletófono de LG contará cun procesador Snapdragon S4 Pro a 1,7 GHz, 2
Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas
microSDXC, cámara de 13 MpÃxeles e LTE, incorporando polo momento como sistema
operativo a versión 4.1 de Android.
O novo terminal móbil será moi semellante ao LG Optimus G, pero dun tamaño
maior, o que supón un incremento do seu grosor en 1,5 milÃmetros e de 15 gramos
de peso, aÃnda que como contrapartida a súa baterÃa medra considerablemente (de
2.100 a 3.000 mAh).
Hoxe veu a luz este impresionante smartphone, pero non
será ata o mes de abril cando comezará a venderse no Xapón, polo que non
serÃa de estrañar que na mesma data tamén o puidésemos ver no resto do mundo.
- O móbil chegará ao Xapón en 2 cores distintas