O LG Optimus G supera o seu primeiro millóns de unidades vendidas
luns, 21 de xaneiro do 2013
O LG Optimus G anunciábase como o novo móbil
insignia do fabricante surcoreano, cun procesador de 4 núcleos a 1,6 GHz, 2
Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, unha pantalla de 4,7 polgadas cunha
resolución de 1.200 x 768 pÃxeles e cámaras de 13 e 1,3 MpÃxeles, e aÃnda que
non está a ter o recibimento masivo que teñen os móbiles de Samsung, parece que
a cousa non vai moi mal para este smartphone, que vén
de superar o primeiro millón de unidades vendidas.
Este móbil presentouse en outono do ano pasado, pero aÃnda non rematou o seu
espallamento internacional, estando prevista a súa chegada a China e moitos
paÃses europeos durante este mesmo trimestre. LG tamén informou dos seus
resultados de vendas do trimestre que remata o 31 de outubro, no que superou a
súa propia marca ao lograr colocar 7 millóns de smartphones a nivel mundial (o
seu record anterior era de 6,2
millóns) dos que uns 2,1 millóns corresponderÃan a móbiles con LTE (4G).