O LG Optimus Sol chegará con pantalla Ultra AMOLED
luns, 22 de agosto do 2011
Cun deseño
bastante sinxelo e un grosor de só 9,8 milÃmetros desvelan o que será o novo
móbil LG Optimus Sol, que será un terminal con Android 2.3, pantalla Ultra
AMOLED de 3,8 polgadas (precisamente o seu nome virÃa da claridade da súa pantalla,
que facilitarÃa a visualización baixo a luz do sol), procesador a 1 GHz, 512 Mb
de RAM, 2 Gb de almacenamento ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb,
cámaras VGA e de 5 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, USB 2.0, A-GPS, radio FM,
e baterÃa de 1.500 mAh.
Nun principio estariamos no que prometen que serÃa o móbil Android a 1 GHz con
pantalla AMOLED máis accesible en prezo do mercado e porÃase á venda en Europa
a mediados de setembro en 3 cores (negro, titán
e branco).
O LG Optimus Sol compórtase bastante ben en condicións de alta luminosidade (exteriores)
- O novo móbil de LG busca converterse nun bo terminal de gama media para os usuarios que busquen unha pantalla de alta luminosidade