O LG Optimus Vu chegará a Europa en setembro
luns, 20 de agosto do 2012
O LG Optimus
Vu, terminal proposto dende Corea do Sur para facer fronte ao Samsung Galaxy
Note grazas á súa impresionante pantalla IPS de 5 polgadas (4:3) cunha
resolución de 1.024 x 768 pÃxeles, dará
o seu salto internacional o mes que vén, de xeito que xa non quedará
limitado aos mercados coreano e xaponés, senón que tamén estará dispoñible en
Europa e outros territorios.
Ao igual que o
Samsung Galaxy Note superou os 10 millóns de unidades vendidas en todo o mundo,
parece que ao LG Optimus Vu tampouco lle vai nada mal, e dende marzo conseguiu
vender medio millón de terminais en Corea e Xapón, demostrando que o seu
formato ten unha elevada demanda, de aà que LG se anime a comercializalo agora a
maior escala.
O LG Optimus Vu non só ten unha enorme pantalla que o sitúa moi preto dos
tablets, senón que tampouco queda curto en potencia (funciona cun procesador
nVIDIA Tegra 3) e capacidade de almacenamento interno (32 Gb). Tamén conta con
cámaras de 8 e 1,3 MpÃxeles, as súas medidas son de 139,6 x 90,4 x 8,5
milÃmetros, pesa 168 gramos e, para redondear o produto, chega co sistema
operativo Android 4.0.