O LG Prada incorporará teclado QWERTY deslizante
luns, 13 de outubro do 2008
O móbil LG KE850, máis
coñecido coma LG Prada, vai renovarse, e aparte da súa grande pantalla táctil
tamén vai integrar un teclado QWERTY deslizante, aÃnda que vai chegar a un
prezo un tanto elevado, pois aÃnda que o modelo actual custa entre 0 e 349
euros o
LG Prada II custará 600 euros libre, estando España entre os 6
paÃses nos que se lanzará este novo terminal antes de rematar o ano.
O novo LG Prada continúa a apostar por unha interface de uso moi sinxela, un
tacto metálico agradable e unha estética coidada, o que non se consigue en
detrimento de prestacións, pois falamos
dun terminal 3G con videochamada, conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps,
navegador web completo, cámara de 5 MpÃxeles e Wi-Fi.