O LG V30 preséntase como o móbil coa cámara de vÃdeo máis prometedora
xoves, 31 de agosto do 2017
Tras varias semanas debullando as prestacións do seu
vindeiro smartphone insignia LG por fin presentou no marco da feira IFA de
BerlÃn o seu novo LG
V30, que serÃa a terceira iteración da familia V, coa que LG segue a
estratexia de Samsung de contar con dúas liñas de teléfonos insignia que saen
en distintos momentos do ano, de xeito que podemos ver o LG V30 como a versión
Premium do LG G6, aÃnda que cómpre destacar que a serie V non só é unha versión
actualizada da G, senón que tamén fai
unha aposta máis decidida pola multimedia (tanto na reprodución como na
gravación) converténdose nun produto ideal para os que buscan gravar vÃdeo
dende o móbil.
Un dos elementos máis rechamantes do LG V30 é a súa impresionante pantalla OLED
FullVision (cunha resolución de 2.880 x 1.440 pÃxeles) de 6 polgadas cunha
relación de aspecto 18:9, mantendo un grosor de só 7,3 milÃmetros e un peso de
158 gramos, de xeito que serÃa o smartphone máis lixeiro do mercado na súa
categorÃa. O seu acabado en cristal temperado por diante e por detrás, curvado
nos borde, concédelle unha aparencia moi elegante sen prescindir de certa
resistencia, xa que conta con Corning Gorilla Glass 5, supera probas de caÃda
dentro do estándar MIL-STD 810G e tamén ten certificación IP68, ou sexa, que é
resistente á auga e ao po, sendo capaz de aguantar até media hora a 1,5 metros
de profundidade sen experimentar danos.
Este smartphone con procesador Qualcomm Snapdragon 835, 4 GB de RAM, 64/128 GB
de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 2 TB),
Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, NFC, lector de pegadas, USB-C e baterÃa de 3.300 mAh
con carga rápida (pode cargarse até o 50% en só 30 minutos) e sen fÃos, aposta
especialmente polas súas funcións de cámara, de xeito que a súa cámara traseira
principal (de 16 MpÃxeles) ten unha apertura sen precedentes (f/1.6) para
captar máis luz, o que xunto a un obxectivo Crystal Clear Lens deberÃa
conseguir unhas imaxes de elevada calidade, ao que hai que sumar que a cámara
traseira secundaria de 13 MpÃxeles, que mantén a súa apertura nun f/1.9, pero
pasa dun ángulo de visión de 71 graos a un de 120 graos, podendo captar asÃ
moita máis imaxe, na liña do que tamén fai a cámara frontal de 5 MpÃxeles, que
chega cunha apertura f/2.2 e un ángulo de visión de 90 graos.
A cámara do LG V30 está acompañada con software de calidade, de xeito que pode
tirar proveito de funcións profesionais como efecto cine ou zoom puntual, de
xeito que tanto poderemos aplicar filtros de calidade aos vÃdeos (sen perda de
calidade, xa que o vÃdeo orixinal
mantense na gravación) como ampliar a imaxe dun xeito suave, lembrando ao que
pode conseguir cunha cámara de vÃdeo. O móbil tamén conta con sensor HDR10 que
consegue un nivel de brillo e contraste impresionante, aÃnda que para moitos
resultará máis atractivo o feito de que o LG V30 integra un micrófono de
calidade para capturar son sen distorsión nin amortiguación incluso en
ambientes ruidosos.
De feito, o nivel sonoro do LG V30 tamén é notable, xa que integra un Quad DAC
de alta fidelidade, que promete un 50% máis de nitidez que un DAC único. Tamén
é o primeiro smartphone comercializado globalmente que integra a tecnoloxÃa MQA
(Master Quality Authenticated) que permite a recepción mediante streaming de audio de alta resolución.
Adicionalmente o LG V30 tamén integra recoñecemento facial (para non ter que
tocar o teléfono para o seu desbloqueo) e incluso recoñecemento de voz
mellorado que pode configurarse para que o asistente de Google só responda á
voz do usuario, conseguindo asà unha maior eficiencia.
Iniciará a súa comercialización o 21 de setembro en Corea do Sur, chegando acto
seguido a Europa, a un prezo aÃnda por anunciar, aÃnda que espérase que sexa
bastante máis barato que Samsung Galaxy Note8 ou o iPhone que presentarase posiblemente
o vindeiro 12 de setembro.
VÃdeo de presentación do LG V30