O LG V50 ThinQ 5G ofrece dobre pantalla como opción de futuro
mércores, 26 de febreiro do 2020
Dende LG resÃstense a tirar a toalla no mercado dos
smartphones, e pese a ter unha presenza insignificante, están a esforzarse para
que as súas propostas capten a atención do público con elementos que reflicten
certa identidade, como o feito de que varios dos seus móbiles insignia poden
gozar dunha segunda pantalla que se conecta cunha funda, como un xeito
alternativo e económico de achegarse aos teléfonos encartables.
O LG
V60 ThinQ 5G serÃa o novo teléfono da compañÃa surcoreana que como xa indica
o seu nome, empregará como punto forte a súa conectividade 5G, asà como o feito
de que a súa pantalla OLED de 6,8 polgadas poida completarse cunha pantalla
externa do mesmo tamaño. A nivel de cámaras tamén quere destacar coa súa cámara
traseira de 64 MpÃxeles e f/1.8, acompañada por unha cámara grande angular de
13 MpÃxeles e unha cámara de profundidade. A cámara frontal limÃtase a un sensor
de 10 MpÃxeles con apertura f/1.9. A súa baterÃa de 5.000 mAh promete unha boa
autonomÃa, e conectividade Wi-Fi 6, NFC e Bluetooth 5.1, consolidan un terminal
moi completo, que tamén pode presumir de resistencia ao po e á auga, de contar
con toma para auriculares e incluso de ter lector de pegadas dixitais en pantalla.
Está previsto que este smartphone cun procesador Qualcomm Snapdragon 865 5G, 8
GB de RAM e 128/256 GB de almacenamento chegue ao mercado o mes que vén, que
será cando poderemos comprobar se realmente estamos ante un dispositivo
innovador e atractivo ou cando constataremos que estamos simplemente ante unha
curiosidade que pasará polo mercado sen resultar rechamante.
- A dobre pantalla é unha curiosa alternativa aos smartphones encartables