O LG V50 ThinQ 5G presume de dobre pantalla opcional
xoves, 13 de xuño do 2019
Coa chegada do 5G a distintos mercados europeos teremos tamén
novos smartphones, entre os que chama poderosamente a atención o LG
V50 ThinQ 5G, que non só é un potente teléfono cun procesador Qualcomm
Snapdragon 855, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD de até 2 TB), cámara traseira tripla, cámara frontal dobre,
son de calidade (cun Quad DAC de alta fidelidade e soporte de DTS:X), baterÃa
de 4.000 mAh, unha impresionante pantalla QHD+ OLED FullVision de 6,4 polgadas
e a pertinente conectividade 5G, senón que tamén quixo subir ao carro da
tendencia que querÃa destacar este ano coas pantallas flexibles, pero dun xeito
menos arriscado: ofrecendo a posibilidade de engadirlle unha pantalla secundaria
OLED de 6,2 polgadas.
Esta pantalla secundaria busca ofrecer unha experiencia máis produtiva para a
multitarefa, asà como poder gozar de novas experiencias de xogo (permitindo
separar os dedos da pantallas principal e asà non dificultar a visión) e outras
posibilidades que non precisan dunha tecnoloxÃa tan complexa como as pantallas
flexibles e limÃtase a ser unha opción para o usuario. O sistema de Dual Screen
pode empregarse en dous ángulos diferentes (104 e 180 graos), o que achega unha
grande versatilidade e comodidade de uso.