O LG X power2 terá unha batería capaz de aguantar toda a fin de semana

martes, 9 de maio do 2017 Marcus Fernández

LG está a anunciar que este mes comeza a distribución norteamericana do seu novo smartphone LG X power2, terminal que logo chegará a Europa, e que céntrase nunha das grandes esixencias de boa parte dos consumidores: a batería. Este teléfono pretende poder aguantar sen problema toda a fin de semana cunha única carga, para o que está equipado cunha xenerosa batería de 4.500 mAh, o que sumado á súa pantalla de 5,5 polgadas cunha resolución de só 1.280 x 720 píxeles (elemento que contribúe a un reducido consumo) permitiría ver vídeo até 18 horas seguidas.
O LG X power2 tamén coida as súas cámaras, contando cunha cámara traseira de 13 Mpíxeles, que presume de disparar instantáneas sen retardo e de contar cun flash LED suave (para coidar as imaxes con pouca luz sen engadir reflexos moi fortes); e unha cámara frontal de 5 Mpíxeles con grande angular (para facilitar as fotografías de grupo).

PUBLICIDADE