O Lenovo Z5 decepciona ao ser unha simple copia do iPhone X
martes, 5 de xuño do 2018
Nos últimos dÃas avanzárase
que hoxe Ãa presentar o Lenovo
Z5, un smartphone que prometÃa ter un frontal todo pantalla e contar cunha versión con 4 TB de almacenamento
interno, de xeito que converterÃase nun produto sen igual, pero finalmente a
presentación deste novo teléfono foi unha
rotunda decepción, e temos un teléfono chinés máis que copia a estética do
iPhone X.
O Lenovo Z5 ten unha pantalla IPS de 6,2 polgadas cunha pestana superior e unha
resolución de 2.246 x 1.080 pÃxeles (ou sexa, que adopta unha proporción de
19:9) que incluso ten unha marxe inferior pronunciada; funciona cun procesador Qualcom
Snapdragon 636 de 8 núcleos, 6 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxeta de até 256 GB), cámara traseira dual (de 16 e 8 MpÃxeles),
cámara frontal de 8 MpÃxeles, lector traseiro de pegadas dixitais, Wi-Fi AC,
Bluetooth 5.0, baterÃa de 3.300 mAh con carga rápida por USB-C, un grosor de
7,85 milÃmetros e un peso de 165 gramos, que funciona con Android 8.1 coa capa
de personalización ZUI 3.9, e venderase por un prezo que parte dos 1.299 iuans
(174 euros). Queda asà claro que estamos ante un teléfono de fabricación
chinesa de gama media, e non do revolucionario terminal prometido as pasadas
semanas.
- O Lenovo Z5 está lonxe de ser un terminal con frontal todo pantalla e limÃtase a ser unha mala (e innecesaria) copia do iPhone X