O Logitech AnyAngle permite que coloquemos o iPad en varias inclinacións

mércores, 19 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Cando Microsoft presentou a súa Surface Pro 3, entre os elementos que máis destacaba da súa nova tableta estaba a súa peaña abatible en calquera ángulo, o que dota ao equipo de grande versatilidade, e Logitech quixo facer o mesmo do iPad Air 2 e o iPad mini, tabletas para as que anuncia un accesorio chamado AnyAngle, que serve de cuberta protectora para iPad, á vez que permite colocar a tableta en distintos ángulos (dentro dun rango de 50 graos) para facilitar a lectura da súa pantalla.
Este accesorio achegará ao mercado este mesmo mes a un prezo de 61,99 euros en seis combinacións de cores (a cuberta divídese en dúas partes con tonalidades diferenciadas para darlle unha aparencia atractiva). O modelo para iPad 2 ten un grosor de 14,3 milímetros e un peso de 342 gramos, mentres que a versión para os 3 modelos actuais de iPad mini ten un grosor de 14,8 milímetros e un peso de 242 gramos, e en ambos casos protexe tamén os bordes da tableta e, grazas a uns imáns ocultos no seu marco, incluso é posible mover o iPad sen perder o ángulo de inclinación fixado.


Vídeo de presentación do Logitech AnyAngle

PUBLICIDADE