O Logitech Crayon adáptase ao novo iPad

mércores, 19 de outubro do 2022 Marcus Fernández

A presentación do novo iPad básico trouxo unha desagradable sorpresa, pois de querer usar a tableta cun lapis dixitalizador hai que facerse cun Apple Pencil de primeira xeración, que custa 119 euros e que cárgase mediante un conector Lightning, de xeito que precisaría dun adaptador para cargarse directamente no iPad. Pero dende Logitech souberon reaccionar a tal situación, e renovaron o seu lapis dixitalizador máis económico, o Logitech Crayon para iPad, para mudar o seu conector de carga por USB-C, custando este accesorio 79,95 euros.
Este lapis dixitalizador para iPad ten menos prestacións que Apple Pencil (principalmente perde a sensibilidade á presión), pero pode resultar moi práctico para un uso básico e, moi especialmente, por parte de cativos, xa que un dos detalles que coida é a súa resistencia.
O Logitech Crayon ten unha autonomía de até 7 horas cunha única carga, conéctase ao iPad ao instante, e incluso ten un deseño ergonómico que impide que rode (evitando así que poida perderse de caer ao chan).

PUBLICIDADE