O MS Office para Android por fin funciona nos Chromebooks
luns, 27 de novembro do 2017
Dende
o ano pasado os ordenadores portátiles con Chrome OS comezaron
a poder correr aplicacións para Android, funcionalidade que foise
estendendo entre distintos modelos de Chromebook, aÃnda que tras recibila
percibÃan tamén unha curiosa carencia: as aplicacións ofimáticas de Microsoft
non estaban dispoñibles. Agora parece que a eiva vén de superarse, e finalmente
parece que o Microsoft Office xa corre sen problemas nos Chromebooks que teñen
acceso a Google Play, tende de aplicacións para Android dende a que xa é
posible instalar o Word, o Excel ou o PowerPoint, precisando dunha subscrición
a Office 365 se queremos tirar un proveito completo destas aplicacións.
Estamos ante unha magnÃfica nova para moitos usuarios deste tipo de equipos (de
grande éxito no ámbito educativo estadounidense) xa que abre interesantes
posibilidades para o uso dos Chromebook en traballos de produtividade pois,
aÃnda que eses equipos estean deseñados pensando nas solucións ofimáticas de Google,
nalgúns contornos continúan a estar implantadas as solucións de Microsoft.
Tamén é interesante esta opción para usuarios que non se atrevÃan a adquirir un
Chromebook polas súas limitacións de software, e ao saber que poderán empregar
ferramentas ofimáticas coas que están familiarizados resultaralles máis doado
dar o salto a Chrome OS.