O Mac OS X 10.6 incluirá drivers para Windows de HFS+
luns, 11 de maio do 2009
A vindeira
versión do Mac OS X (coñecida coma Snow
Leopard) incluirá
controladores para Windows de particións HFS+, de
xeito que cando os usuarios executen Windows a través de Boot Camp, poderán
acceder á partición de disco creada para Mac OS X, facilitando a coexistencia
de ambos sistemas operativos.
Esta novidade tamén evitará que os usarios teñan que utilizar aplicacións de terceiros para ler particións de Mac dende Windows.