O Mac mini reduce o seu tamaño
martes, 29 de outubro do 2024
Dentro da semana de presentacións anticipada por Apple deuse a coñecer o primeiro grande redeseño do Mac mini dende 2010, cun cambio de formato no que o seu ancho pasa de 19,7 a 12,7 centÃmetros (medrando a súa altura de 3,6 a 5 centÃmetros) e se opta por engadir un par de portos USB-C e a toma de auriculares na parte frontal do equipo para unha maior comodaidade.
O novo Mac mini estará dispoñible a partir do vindeiro 8 de novembro con procesadores M4 e M4 Pro, o que supón un importante salto de potencia fronte aos modelos anteriores, converténdose nunha solución de escritorio válida para un amplo abano de usuarios (incluso con esixencias profesionais) que valoran especialmente que os equipos non resulten molestos acusticamente.
Estes equipos integran na súa parte traseira 3 conectores Thunderbolt 4 (Thunderbolt 5 no caso de M4 Pro), saÃda HDMI, toma Gigabit Ethernet (con opción 10 Gigabit Ethernet) e toma para a corrente eléctrica, sorprendendo o feito de que o seu botón de acendido estea situado na súa parte inferior (elección que contrasta moito coa colocación doutros portos de xeito visible).
Un dos mellores cambios destes equipos é que agora chegan cunha configuración mÃnima de 16 GB de memoria unificada, partindo dun prezo de 719 euros, mentres que a configuración máis completa (procesador M4 Pro de 14 núcleos, 64 GB de memoria, 8 TB de almacenamento e 10 Gigabit Ethernet) pode elevar o seu prezo até os 5.464 euros, deixando claro que o seu tamaño compacto non impide que sexa un produto moi completo e cun prezo totalmente desproporcionado (pois Apple cobra 2.760 euros por incrementar o almacenamento a 8 TB, cando unha unidade SSD de tal capacidade e alta velocidade pode adquirirse por menos de mil euros).
O feito de que o equipo medre en altura fronte a modelos anteriores é que incorpora unha nova arquitectura térmica, que canaliza o aire a través da base, e asà fai posible un uso intensivo sen perda de rendemento, asà como que poida existir unha configuración tan compacta cun procesador M4 Pro (destinado a profesionais esixentes, como editores de vÃdeo).
Dende Apple insisten en que estamos ante un equipo deseñado para a intelixencia artificial, pois chega cando vén de estrearse Apple Intelligence, aÃnda que polo momento só en inglés de EE.UU., non estando previsto que tal tecnoloxÃa estea dispoñible en español até dentro de medio ano.
VÃdeo de presentación do novo Mac mini