O Mac mini renóvase con carcasa unibody de aluminio e saÃda HDMI
martes, 15 de xuño do 2010
Por sorpresa, Apple renovou
o seu Mac mini, de xeito que este pequeno equipo toma unha carcasa unibody
de aluminio e un tamaño máis compacto (3,6 x 19,7 x 19,7 centÃmetros) á vez que
incorpora lector de tarxetas SD e saÃda HDMI, o que é unha nova especialmente
importante para os que queren utilizar este equipo coma Media Center ou,
simplemente para utilizalo co amplo número de monitores que utilizan este tipo
de conexión sen ter que facer uso de adaptadores.
O Mac mini parte dun prezo de 779 euros,
nos que incluirÃase un procesador Intel Core 2 Duo a 2,4 GHz, 2 Gb de RAM, 320
Gb de disco duro, unidade SuperDrive de 8x, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 320M
e sistema operativo Snow Leopard, mentres que os usuarios corporativos poden
optar por un modelo con procesador a 2,66 GHz, con 4 Gb de RAM (ampliables a 8
Gb), 500 Gb de disco duro a 7.200 rpm e Mac OS X Server Leopard por 1.129
euros.
Esta revisión do Mac mini non só
cambia externamente, senón que tamén mellora considerablemente o seu rendemento
gráfico, conta cunha nova fonte de alimentación integrada que elimina a
necesidade dun adaptador de corrente externo e inclúe o paquete de aplicacións
iLife, para facilitar a xestión de fotografÃas, a edición de imaxes e mesmo a
creación musical.