O Marisquiño consegue nas redes máis de 8 millóns de impactos
mércores, 14 de agosto do 2019
A
edición
2019 do festival O Marisquiño de Vigo vén de bater récords de
participación. E non só a nivel presencial, senón tamén no
plano tecnolóxico. Segundo se indica no balance do evento, a máis
recente convocatoria do festival de cultura e deportes urbano (a XIX)
foi visitada por 160.000 persoas e tivo un impacto económico de 20
millóns de euros (4 millóns máis có ano pasado), que non só
repercutiu en Vigo, senón nos concellos limÃtrofes como Baiona ou
Nigrán.
Respecto
da edición anterior, a de 2018, os ditos datos supoñen un medre de
10.000 espectadores. No que se refire ao plano dixital, o festival
desencadeou máis de oito millóns de impactos, o que deu un extra de
impulso ao posicionamento de Vigo como cidade referente internacional
no que se refire ao ámbito deportivo e da cultura. Este elevado
número de impactos contabilizouse co número de aparicións do
festival e a cidade de Vigo tanto nas redes onde o certame ten
presenza de seu (Twitter, Facebook, Instagram e YouTube) como
naquelas onde deixan pegada os deportistas, que compartiron múltiple
información a través dos seus espazos web.
A
organización lembra que boa parte do éxito dixital do acontecemento
veu dado pola influencia nas redes de deportistas como Nicholi
Rogatkin, Corey MartÃnez, Iván Monteiro ou Andrea BenÃtez, que
contan con ducias de milleiros de seareiros nas redes que multiplican
a difusión dos eventos nos que participan.
A
vindeira semana lanzarase na web www.omarisquiño.com e nas redes
sociais do festival o vÃdeo oficial desta edición. Coa publicación
do vÃdeo darase por pechada esta convocatoria 2019 e comezarán os
traballos para repetir e incrementar o éxito en 2020, cando se
celebre o vixésimo aniversario do festival.