O Messenger celebra a chegada do último filme de Star Wars

xoves, 12 de decembro do 2019 Marcus Fernández

A unha semana da estrea de Star Wars: El Ascenso de Skywalker, non cesan as adhesións a este fenómeno, e o Messenger de Facebook sube ao carro estreando un tema de chat, reaccións, adhesivos e efectos de realidade virtual inspirados en Star Wars e deseñados en colaboración con Disney, facilitando así que os seus usuarios poidan vivir con maior intensidade a chegada do filme que pon peche a unha serie de tres triloxías.
Os efectos de realidade aumentada que inclúe a cámara de Messenger son de edición limitada, ou sexa, que permitirán o seu uso en videoconferencias ou para tomar fotografías coa cámara só durante uns días, ofrecendo tres efectos: un que simula os saltos espaciais, outro que introduce aos usuarios aos mandos dun X-Wing, e outro que, en función do lado da cara que amosemos, iluminará a escena representando as dúas caras da Forza.

Os efectos de realidade aumentada do Messenger estarán dispoñibles por tempo limitado
Un tema e adhesivos baseados en Star Wars servirán para vivir con maior intensidade a chegada da nova película

PUBLICIDADE